Mauri e o Grupo América unen forzas nunha noite solidaria en VibraNigrán onde a música o mudará todo
O festival solidario VibraNigrán celebrarase o domingo 3 de maio no campo de fútbol do Concello de Nigrán, cunha xornada completa de música, actividades e recadación solidaria a favor de Mauri.
O programa arrincará coa sesión vermú a partir das 11:00 horas, coa participación do Coro Covacanta e Pacheco Bros, que abrirán a xornada cun ambiente festivo e familiar.
Pola tarde, a partir das 18:00 horas, continuará a programación musical con Los del Barro e o peche a cargo do Grupo América de Vigo, que se suma a esta noite solidaria que busca mobilizar á veciñanza arredor dunha causa común.
O evento combina música en directo e compromiso social, converténdose nun punto de encontro no que artistas e público colaboran para apoiar a Mauri.
Desde a organización habilítase tamén unha fila cero para todas aquelas persoas que desexen colaborar economicamente, aínda que non poidan asistir ao evento. As doazóns poden realizarse no seguinte número de conta:
IBAN: ES26 2100 4790 4502 0046 2462
Concepto: FILA CERO VIBRA NIGRAN
