Baiona

O Concello de Baiona convoca un proceso selectivo para cubrir temporalmente unha praza de condutor de camión do lixo

O Concello de Baiona aprobou as bases dunha convocatoria para a selección dun/dunha condutor/a de camión de recollida de lixo, pertencente ao grupo profesional V, mediante contratación laboral temporal.

O obxecto do proceso é a cobertura temporal dunha praza por substitución da persoa titular, no marco dunha situación transitoria, polo que o contrato terá carácter laboral temporal e adaptarase ás necesidades do servizo municipal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio oficial. As persoas interesadas deberán consultar as bases completas, dispoñibles na sede electrónica do Concello e no taboleiro de anuncios municipal.

O sistema de selección rexerase polo establecido nas bases da convocatoria, onde se detallan os requisitos de acceso, os criterios de valoración e as fases do proceso.

As solicitudes deberán presentarse conforme ao indicado na documentación publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).