O Concello de Baiona organiza unha xornada de limpeza na praia da Concheira polo Día da Terra
O Concello de Baiona organiza o vindeiro mércores 22 de abril unha xornada de limpeza na praia da Praia da Concheira con motivo do Día Internacional da Nai Terra. A actividade dará comezo ás 17:30 horas e está aberta á participación de toda a veciñanza.
A iniciativa ten como obxectivo promover a conciencia ambiental e fomentar a implicación activa da cidadanía na protección do entorno natural. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a sumarse a esta acción de retirada de residuos nun dos areais máis emblemáticos da vila.
Ademais da limpeza, a xornada pretende ser tamén un espazo de convivencia, aprendizaxe e sensibilización sobre a importancia de coidar o medio ambiente e reducir o impacto das accións humanas no ecosistema.
O alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que este tipo de iniciativas “deben servir para reflexionar como sociedade sobre a necesidade de protexer o noso entorno”, subliñando que “todas as persoas poden contribuír a mellorar o estado do ecosistema converténdose en axentes do cambio”.
Neste sentido, incidiu en que Baiona continuará avanzando como unha sociedade respectuosa e sostible, facendo fincapé na importancia da economía azul para o municipio
