Nigran

Nigrán gardou un minuto de silencio por Ana Belén, veciña de Mos, asasinada por violencia machista

O Concello de Nigrán gardou hoxe un minuto de silencio ante a Casa Consistorial como xesto de repulsa contra a violencia machista e en memoria de Ana Belén, veciña de Mos, última vítima mortal deste tipo de violencia.

O acto contou coa presenza de membros da corporación municipal, persoal do Concello e veciñanza.

Ao minuto de silencio asistiu tamén o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen realizou unha breve declaración institucional na que expresou a condena firme do Goberno fronte a estes crimes e trasladou unha mensaxe de apoio ás vítimas e ás súas familias, apelando á unidade social e institucional para erradicar esta lacra.