Gondomar reparte libros de balde para celebrar o día do libro na Praza das Escolas Vellas
O Concello de Gondomar celebrará o Día do Libro cunha proposta aberta á veciñanza. Mañá, entre as 17:00 e as 19:00 horas, a Praza das Escolas Vellas acollerá o reparto gratuíto de exemplares.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 12 anos, que poderán escoller un libro entre unha selección variada pensada para diferentes gustos lectores. Trátase dunha iniciativa que busca fomentar o hábito da lectura e dinamizar a vida cultural do municipio.
Os títulos foron seleccionados polas librarías locais Libraría Libraida e O Rincón de Nubia, que colaboran co Concello nesta celebración. O reparto realizarase ata esgotar existencias.
