Nigran

Nigrán despídese con emoción de Susi Seoane, exemplo de loita e dignidade fronte á ELA

O Concello de Nigrán gardou esta mañá un minuto de silencio polo pasamento de Susi Seoane, que foi traballadora municipal durante máis de vinte anos e enferma de ELA. Vicepresidenta da Asociación Galega de ELA, Susi converteuse nun referente na loita polos dereitos das persoas afectadas por esta enfermidade.

A súa familia lembrou o seu carácter loitador e o seu incansable esforzo por situar a ELA no foco das administracións públicas, reclamando máis axudas e un maior compromiso institucional. Entre bágoas e fonda tristura, antigos compañeiros e compañeiras de traballo expresaron o seu agradecemento e cariño, destacando tanto a súa valía humana como o exemplo que deixou para a sociedade.