Ilenia Caserío acada un contrato indefinido como bailarina en Disney e anúnciao na TVG
A moza deportista e bailarina Ilenia Caserío Carneiro, veciña de Gondomar, deu un paso decisivo na súa carreira profesional tras acadar un contrato indefinido para traballar como bailarina en Disney, un dos referentes mundiais do espectáculo e do entretemento.
Ilenia anuncia hoxe esta importante nova no programa “Land Rober Tunai Show”, da Televisión de Galicia, onde comparte co público galego un logro froito de anos de esforzo, constancia e dedicación ao mundo da danza.
Este fito profesional supón un novo recoñecemento ao talento dunha moza que xa fora galardoada na disciplina de Danza na VI Gala do Deporte de Gondomar, e que continúa levando o nome do municipio máis alá das nosas fronteiras.
