Gondomar

Paco Ferreira acudirá ao foro sobre o Conde de Gondomar en Valladolid e reclamará que os seus restos sexan visitables

Valladolid acolle este mércores e xoves un foro académico dedicado á figura de Diego Sarmiento de Acuña, baixo o lema “Diplomacia, coleccionismo e linaxe no Século de Ouro”, con motivo do cuarto centenario do seu falecemento.

O encontro reúne historiadores e diplomáticos de distintas institucións e desenvólvese entre o Museo Patio Herreriano e o Círculo de Recreo, con conferencias e mesas redondas centradas na súa relevancia histórica, política e cultural.

No marco deste foro, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, participará tras ser invitado formalmente e reclamará que os restos do conde sexan accesibles ao público, co obxectivo de facilitar a súa visita e posta en valor.

Na actualidade, os restos de Diego Sarmiento de Acuña repousan na antiga capela de San Benito o Vello, integrada no Museo Nacional de Escultura de Valladolid, un espazo que non está aberto á visita pública. Esta situación é criticada polo Concello de Gondomar, que considera que limita o acceso a unha figura clave para a memoria histórica do municipio.

O foro continuará coas intervencións de especialistas en historia e diplomacia e pecharase cun concerto de piano a cargo de Antonio Baciero.