Nigran

Incendio controlado en Monte Lourido preocoupou aos veciños

Un pequeno incendio rexistrado ás 21:15 h de hoxe puxo en alerta aos veciños de Monte Lourido, nunha zona moi próxima á coñecida praia do Cabalo, tamén chamada praia dos Cans en Nigrán.

Segundo as primeiras informacións, o lume comezou arredor das nove e cuarto da noite na zona de cañas da praia. Foron os propios residentes quen deron a voz de alarma ao detectar fume e lapas que se expandían nunha área de vexetación.

Ata o lugar desprazáronse efectivos de emerxencias, incluídos os GES de Val Miñor e a Policía Local, que traballaron na zona para controlar a situación e evitar que o incendio se propagase cara a vivendas próximas ou zonas de maior valor natural.

O lume quedou completamente extinguido grazas á rápida intervención dos servizos de extinción. Polo momento descoñécense as causas que orixinaron o incendio, aínda que a preocupación entre os veciños foi notable debido á proximidade do foco ás casas e á praia.