A Xunta declara os bolos celtas como ben de interese cultural e reforza o seu peso no Val Miñor
O “Xogo dos Birlos”, coñecido tamén como bolos celtas, vén de ser declarado Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial pola Xunta de Galicia, nun recoñecemento ao seu valor como un dos xogos tradicionais máis relevantes da historia de Galicia.
A práctica mantén un forte arraigamento no Val Miñor, especialmente nos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, onde existen numerosos clubs e distintas modalidades que reflicten a riqueza e diversidade deste deporte ancestral.
Durante unha entrega de premios celebrada en 2022, o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, xa apuntaba a importancia de avanzar no recoñecemento e proxección desta disciplina: “Propondremos desde Gondomar, que si la nueva Ley del Deporte permite al País Vasco tener su propia selección de “pelota vasca y surf” y que pueda competir internacionales como comunidad autónoma; Galicia no puede ser menos por ser comunidad histórica y contar con un deporte ancentral y arraigo más que probado, como son los “bolos celtas”. Además de contar el Val Miñor con los mejores jugadores del mundo”.
Segundo recolle o expediente da Xunta, o Xogo dos Birlos destaca pola súa capacidade para favorecer a identidade colectiva, a sociabilidade e a integración, así como por impulsar valores deportivos e habilidades cognitivas. Porén, tamén se advirte de que a súa transmisión xeracional atópase nun punto crítico pola diminución de practicantes.
