Gondomar

Morgadáns actívase a todo gas coa inauguración do circuíto SX Abelleira

Morgadáns converteuse nun punto de referencia do motor coa inauguración do circuíto SX Abelleira, un novo espazo para motos e quads que xa comeza a dinamizar a zona.

O antigo campo de fútbol da parroquia foi acondicionado polo Motoclub Off Road Os Solitarios, que levou a cabo unha remodelación integral do trazado co obxectivo de ofrecer unha experiencia máis segura, dinámica e atractiva para os participantes.

A xornada inaugural celebrouse onte e reuniu a numerosos afeccionados e pilotos. Durante toda a mañá e parte da tarde, os asistentes puideron rodar no circuíto en tandas alternas de 30 minutos por un prezo de 10 euros, o que permitiu unha boa rotación de participantes e un uso organizado da pista.

O ambiente foi moi positivo, con público seguindo a actividade desde os arredores do circuíto e valoracións destacando o bo estado do trazado. A apertura do SX Abelleira supón así un novo impulso para Morgadáns dentro do mundo do motor na comarca.