O auditorio municipal acolle este domingo un teatro benéfico a favor de Mauri
O Concello de Nigrán colabora este domingo 12 de abril cun evento solidario no Auditorio Municipal ás 18:30 horas, onde se representará a obra teatral “Malos hábitos”, a cargo do grupo A Moura do C.C.D. A Merced de Chaín.
A entrada será mediante un donativo de 4 euros, que se destinará á investigación para a cura de Mauri, un neno de Nigrán diagnosticado coa enfermidade ultrarrara de Alexander.
O programa completarase coa actuación da Agrupación Musical Santiago de Parada e con sorteos entre os asistentes. O evento combina cultura e solidariedade nunha xornada de apoio á familia do pequeno.

