Baiona

Gran susto na rúa Áreas tras volcar un vehículo

Un aparatoso accidente ocorrido arredor das 21:00 horas deste sábado na rúa Áreas, á altura do número 79, provocou un gran susto entre a veciñanza. Unha muller duns 30 anos, que conducía un Peugeot, perdeu o control do vehículo por causas que se investigan, saíuse da vía e impactou contra un Renault Captur aparcado no lateral dereito.

O golpe fixo que o coche volcase sobre un dos seus laterais, batendo tamén contra un Renault Scénic estacionado no lado esquerdo da rúa, de sentido único.

A condutora, única ocupante do turismo, explicou aos axentes que o coche “foise só cara á esquerda”, momento no que perdeu o control do vehículo. A muller saíu polo seu propio pé e consciente, aínda que precisou da axuda de varios veciños que acudiron de inmediato tras escoitar o forte estrondo. Afortunadamente, non sufriu feridas de gravidade.

Ata o lugar desprazáronse unha patrulla da Garda Civil de Baiona, efectivos da Policía Local e unha ambulancia do 061, que atendeu á muller no mesmo punto do sinistro.

O incidente causou gran expectación na zona, onde numerosos veciños saíron ás rúas para comprobar o sucedido.