O obradoiro dual Coidando o Miñor forma a 20 persoas desempregadas en atención sociosanitaria
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns en Gondomar no acto de clausura da cuarta edición do obradoiro dual Coidando o Miñor, impulsado polos concellos de Gondomar, Baiona e Nigrán coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Nesta edición, un total de 20 persoas desempregadas recibiron formación en diferentes especialidades como atención sociosanitaria a domicilio e en institucións, limpeza en espazos abertos e instalacións industriais, xestión de residuos urbanos e limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais.
O programa contou cun investimento de 441.928 euros por parte da Xunta. Segundo destacou Ortiz, só na área de Vigo se destinaron 3,9
millóns de euros en 2025 para desenvolver dez cursos formativos semellantes.
A delegada territorial animou ao alumnado a aproveitar a capacitación adquirida como ferramenta para mellorar as súas oportunidades de inserción laboral.
