A Comisión de Festas Virxe do Carme de Praia América celebra a 20ª edición da súa sardiñada popular
A Comisión de Festas Virxe Carme de Praia América celebra este sábado a súa tradicional sardiñada popular, que este ano acada xa a 26ª edición e que está a rexistrar un auténtico cheo absoluto desde o mediodía. A xornada comezou ás 12:00 h e prolongarase ao longo de todo o día, convertendo este enclave privilexiado do litoral de Nigrán nun punto de encontro festivo para veciñanza e visitantes.
O bo tempo, o ambiente animado e o arrecendo das sardiñas á brasa atraeron centos de persoas ata a contorna da praia, que se encheu de mesas, música e conversas. A sardiñada non só é xa unha tradición consolidada do verán en Playa América, senón tamén un evento solidario, xa que todos os fondos recadados se destinan á organización das festas patronais en honra á Virxe do Carme, que se celebrarán a finais deste mes de xullo.
Estas festas, organizadas tamén pola Comisión de Festas Playa América – Virxe Carme, inclúen actos relixiosos, culturais e festivos que dinamizan a vida da parroquia e atraen numerosos visitantes cada ano.
Desde a organización destacan o traballo veciñal e o esforzo voluntario que permite manter viva esta celebración ano tras ano. A 26ª sardiñada volve demostrar que tradición e participación cidadá seguen sendo ingredientes fundamentais para o éxito da festa.

