Gabriela Bouzada, campioa de España sub16 de xavelina con récord do campionato
A atleta baionesa Gabriela Bouzada, do club Celta Atletismo, proclamouse campioa de España Sub16 no lanzamento de xavelina, cun extraordinario rexistro de 46,3 metros, marca que ademais supón un novo récord do campionato.
O seu brillante resultado foi acadado no Campionato de España Sub16, organizado pola Real Federación Española de Atletismo, e consolida a Gabriela como unha das grandes promesas do atletismo galego e estatal nesta disciplina.
