Nigran

Un incendio forestal en Chandebrito (Nigrán) amenaza viviendas pero queda rápidamente controlado

Un incendio forestal declarado poco antes de las 23:00 horas de este venres na zona de O Castro, na parroquia de Chandebrito (Nigrán), xerou unha importante alarma entre os veciños da contorna ao situarse as lapas a tan só 70 metros das vivendas máis próximas.

A rápida intervención das brigadas de Medio Rural e dos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Val Miñor foi determinante para controlar o lume e evitar danos maiores. A ausencia total de vento durante a noite tamén xogou un papel clave, impedindo que o incendio se propagase con rapidez.

Non se rexistraron danos persoais nin materiais de gravidade. As autoridades agradecen a colaboración veciñal e reiteran a importancia de alertar con rapidez ante calquera indicio de lume.