Nigran

Unha persoa falece afogada en Praia América

Pouco antes das 22:30 horas deste sábado, un particular contactou co 112 Galicia para alertar sobre a presenza dunha persoa tendida na area de Praia América, no concello de Nigrán. Segundo indicou, acababan de sacala da auga.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizou de inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local de Nigrán. Tamén se deu aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa, confirmando o seu falecemento no punto.