Gondomar acolle o Campionato Galego Escolar de Ximnasia Acrobática
O pavillón municipal de Gondomar foi escenario este venres do Campionato Galego Escolar de Ximnasia Acrobática, unha cita que reuniu a mozos e mozas de distintos puntos de Galicia, participantes nas categorías de promoción deportiva da Xunta.
A competición desenvolveuse ao longo da xornada cun bo ambiente e cunha destacada asistencia de público, entre familiares, equipos técnicos e afeccionados a esta disciplina. As distintas coreografías puxeron de manifesto a combinación de forza, equilibrio, coordinación e traballo en equipo que require esta modalidade.
O evento forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Ximnasia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Gondomar, que cedeu as instalacións municipais para o seu desenvolvemento.
Desde a organización destacouse o papel deste tipo de competicións para fomentar o deporte base e ofrecer aos máis novos espazos para o crecemento persoal e deportivo.
