Gondomar súmase ao “Soño con voltar a Europa” e mostra o seu apoio incondicional ao Celta
O Concello de Gondomar súmase á campaña “Soño con Voltar a Europa” promovida polo RC Celta de Vigo, que enviou camisetas e bandeiras aos 313 concellos galegos xunto cunha carta asinada pola presidenta do club, Marián Mouriño, convidando a toda Galicia a animar ao equipo na súa loita por volver ás competicións europeas.
O alcalde Paco Ferreira, a concelleira de Deportes Núria Lamela e o concelleiro de Vías e Obras, Manuel Chamorro —exfutbolista e directivo—, protagonizaron un acto simbólico no que posaron coa camiseta celeste e despregaron a bandeira oficial da campaña, demostrando o respaldo da vila ao club vigués.
Este apoio ao Celta chega nun intre especialmente emocionante para o fútbol local, co Gondomar Club de Fútbol pelexando por ascender á Preferente Galega, nunha tempada marcada pola entrega e o esforzo. O espírito de “voltar” está máis vivo ca nunca en Gondomar, tanto mirando cara Europa como ao futuro do seu propio equipo.