Baiona

Baiona homenaxea a máis de 680 persoas maiores na festa de convivencia no restaurante Rocamar

Este xoves o Concello de Baiona celebrou a tradicional Festa das Persoas Maiores, un emotivo encontro que reuniu a máis de 680 veciños e veciñas maiores de 65 anos no restaurante Rocamar.

A xornada comezou ao mediodía cunha eucaristía na Ex-Colexiata de Baiona e continuou cun xantar de confraternidade e un animado baile.

O alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, acompañado pola concelleira de Política Social, Ana Iglesias Rodríguez, e outros membros da corporación municipal, estivo presente no evento.

Dada a alta demanda, o Concello realizou unha listaxe dando prioridade as persoas de maior idade e facilitado a inscripción.

Ademais, realizáronse sorteos de agasallos grazas á colaboración do comercio local e instalouse un photocall para que os asistentes puidesen levar unha fotografía de recordo.

O alcalde destacou a importancia de recoñecer e agradecer a contribución das persoas maiores á comunidade, sinalando que eventos como este fomentan o reencontro e a convivencia entre os veciños e veciñas de Baiona.