O pequeno Mauro terá unha urna solidaria no festival Picnic Sesiòns de Saiáns
O festival Picnic Sesiòns, que se celebra esta fin de semana na parroquia viguesa de Saiáns, contará cunha urna solidaria para recadar fondos destinados á investigación da enfermidade de Alexander, que padece o pequeno Mauro, veciño de Patos (Nigrán). Trátase dunha enfermidade neurodexenerativa rara e mortal, con moi poucas liñas de estudo activas a nivel mundial.
A iniciativa xurdiu de maneira fortuíta cando a nai de Mauro contactou coa organización do festival, que decidiu apoiar a causa e incluíla dentro do programa desta edición.
O evento, que aposta pola igualdade, a sustentabilidade e a economía circular, combinará música en directo, actividades culturais e unha ruta pola contorna natural.