Nigrán interésase polo modelo de transformación enerxética do Rosal
Unha delegación do Concello de Nigrán visitou O Rosal para coñecer de preto o modelo sostible que se está a desenvolver no municipio. Durante a xornada, achegáronse á Oficina da Enerxía e afondaron en proxectos clave como as comunidades enerxéticas locais, a compostaxe, a rehabilitación das escolas unitarias, a transformación da Praza do Calvario e a renovación do campo de fútbol da Mata, agora cun recheo ecolóxico.
A visita enmárcase no interese por compartir experiencias e boas prácticas entre concellos que apostan pola transición enerxética, a participación cidadá e o coidado ambiental.