A tormenta provoca interrupcións na sinal de televisión en Gondomar e parte do resto do Val Miñor.
Durante a noite de hoxe, parte da veciñanza principalmete de Gondomar pero tamén das parroquias máis pertas doutros concellos poderán experimentar problemas na recepción da sinal de televisión debido a unha incidencia rexistrada no poste repetidor da zona.
Segundo se puido saber, a forte tormenta que afectou o municipio deixou sen subministración eléctrica o repetidor, o que está a provocar cortes ou interferencias na emisión televisiva. Técnicos especializados están xa a traballar na reparación da avaría co obxectivo de restablecer o servizo canto antes.
Mentres non se resolva por completo a situación, recoméndase á cidadanía que empregue canles alternativas para acceder aos contidos audiovisuais e se manteña atenta ás actualizacións sobre o estado do servizo.