Nigran

Hoxe é o último día do torneo “Basket sen Barreiras”, dedicado ao pequeno Mauro

O pavillón municipal de Nigrán acolle hoxe a xornada de clausura do torneo solidario Basket Sen Barreiras, organizado polo Club Baloncesto Nigrán, que este ano ten un obxectivo moi especial: recadar fondos para investigar a enfermidade de Alexander, unha dolencia neurodexenerativa ultrarrara que afecta a só cinco nenos en España, entre eles Mauro, un pequeno de dous anos e medio veciño do municipio.

Ao longo do día, están previstas actividades para todas as idades, partidos inclusivos e unha gran mostra de solidariedade por parte da comunidade deportiva e veciñal. O club anima a todos os veciños e veciñas a achegarse ao pavillón e poñer o seu gran de area para apoiar á familia de Mauro e contribuír á investigación dunha enfermidade que, a día de hoxe, non ten cura nin tratamento.

Aínda estás a tempo de participar! Achega o teu apoio, colabora coa causa e vive unha xornada chea de emoción, deporte e solidariedade. Mauro meréceo.