Gondomar

O Concello de Gondomar mellora as instalacións do campo municipal das Gaiandas cun novo cuarto de lavandería e iluminación LED

O Concello de Gondomar segue a investir na mellora das instalacións deportivas do campo municipal das Gaiandas, acometendo nesta ocasión o acondicionamento dos exteriores das oficinas e baños para a colocación dun novo contedor que albergará o cuarto de lavandería.

Ademais desta intervención, as obras permitirán evitar filtracións de augas pluviais no interior da cantina, garantindo unha conservación óptima do inmoble e unha mellora da súa funcionalidade.

Cómpre lembrar que o Concello xa investiu preto de medio millón de euros na construción do novo campo de fútbol das Gaiandas, e nos vindeiros días levarase a cabo a substitución do sistema de iluminación por un novo alumado LED, o que suporá un aforro enerxético considerable e unha mellora na eficiencia das instalacións deportivas municipais.