𝐬𝐨𝐠𝐚𝐩𝐬 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞 𝐚𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐧𝐢𝐠𝐫á𝐧 𝐚 𝐬ú𝐚 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐚𝐧𝐢𝐦𝐚 á 𝐯𝐞𝐜𝐢ñ𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐝𝐨 𝐯𝐚𝐥 𝐦𝐢ñ𝐨𝐫 𝐚 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐫 𝐞𝐧 𝐯𝐚𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧𝐬 𝐞𝐧 𝐩𝐚𝐳.
A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) agradece ao Concello de Nigrán a concesión da subvención de 2.500€ para o Programa Vacacións en Paz 2024 e espera seguir contando co seu apoio nesta iniciativa solidaria este ano.
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto, promovido en Galicia por SOGAPS a petición expresa do goberno da República Árabe Saharauí Democrática (RASD). Desde 1991, Galicia participa activamente nesta iniciativa, ofrecendo ás familias saharauís a posibilidade de que os seus fillos e fillas desfruten dunha estadía enriquecedora, humana e culturalmente valiosa, baixo o coidado das familias de acollida galegas.
Este programa é posible grazas á colaboración económica da Xunta de Galicia e ao apoio de concellos como o de Nigrán. SOGAPS anima á veciñanza do Val Miñor a sumarse a este proxecto, permitindo que máis nenos e nenas saharauís poidan vivir esta experiencia inesquecible.