Nigran

ππˆπ†π‘Γπ 𝐑𝐄𝐂𝐔𝐏𝐄𝐑𝐀𝐑Á 𝐀 π…πŽππ“π„ 𝐃𝐀 π‘π€πŒπ€π‹π‹πŽπ’π€ π‚πŽ π€ππŽπˆπŽ 𝐃𝐄 π†π€π‹πˆπ‚πˆπ€ π’π”π‘πŽπ„π’π“π„.

Β ππˆπ†π‘Γπ 𝐑𝐄𝐂𝐔𝐏𝐄𝐑𝐀𝐑Á 𝐀 π…πŽππ“π„ 𝐃𝐀 π‘π€πŒπ€π‹π‹πŽπ’π€ π‚πŽ π€ππŽπˆπŽ 𝐃𝐄 π†π€π‹πˆπ‚πˆπ€ π’π”π‘πŽπ„π’π“π„.

Β O Concello de NigrΓ‘n, en colaboraciΓ³n coa AsociaciΓ³n de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, levarΓ‘ a cabo unha intervenciΓ³n de rexeneraciΓ³n na Fonte da Ramallosa, situada no rΓ­o MiΓ±or. O proxecto, financiado a travΓ©s do Plan de Sustentabilidade TurΓ­stica en Destino β€œA Despensa de Galicia” con fondos europeos Next Generation, buscaΒ recuperar este espazo degradado, mellorar a sΓΊa estΓ©tica e reducir os problemas de inundaciΓ³ns da zona.

Β β€œA fonte e o antigo lavadoiro da Ramallosa foron lugares fundamentais para xeraciΓ³ns pasadas, e a sΓΊa rehabilitaciΓ³n, unida Γ‘ rexeneraciΓ³n da Alameda, permitirΓ‘ recuperar un espazo natural clave para a cidadanΓ­a”, destacou o alcalde de NigrΓ‘n, Juan GonzΓ‘lez, durante a sΓΊa recente visita Γ‘ zona acompaΓ±ado pola presidenta de Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de TomiΓ±o, Sandra GonzΓ‘lez, e o alcalde de Pazos de BorbΓ©n, Luciano Otero.

Β O Concello xa solicitou as autorizaciΓ³ns necesarias para intervir neste espazo protexido pola Rede Natura 2000. As obras comezarΓ‘n tan pronto se obteΓ±an os permisos, incluΓ­ndo a rehabilitaciΓ³n do paseo marΓ­timo, a remodelaciΓ³n da baixada Γ‘ fonte con novos materiais combinando madeira, aceiro e cristal, e a creaciΓ³n dun miradoiro. Ademais, instalarase un sistema de balizamento LED para sinalizar as mareas e melloraranse as drenaxes para evitar acumulaciΓ³ns de sedimentos.

Β«xeodestino Galicia SuroesteΒ»

 

Deja una respuesta

Tu direcciΓ³n de correo electrΓ³nico no serΓ‘ publicada. Los campos obligatorios estΓ‘n marcados con *