Vincios pechou o Entroido cunha festa de cor, música e tradición
A parroquia de Vincios puxo o punto final ao Entroido cunha celebración chea de alegría e participación veciñal. As comparsas “Vinciocas” e “O Mellor de Cada Casa” encheron as rúas de festa nun desfile organizado pola Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios.
O percorrido rematou no torreiro da igrexa de Santa Lucía, onde os asistentes gozaron dunha chocolatada con churros.
O alcalde, xunto á Concelleira de Cultura e concelleiros da parroquia, acompañou á veciñanza nesta despedida do Entroido, agradecendo o traballo das asociacións locais por manter viva a tradición.