Unha muller resulta ferida nun accidente na PO-550 ao seu paso por nigrán
Unha muller resulta ferida nun sinistro no punto quilométrico 9 da estrada entre Baiona e Vigo
Un accidente de tráfico tivo lugar este mediodía na PO-550, ao seu paso pola localidade de Nigrán, no punto quilométrico número 9 da vía que conecta Baiona con Vigo. O suceso produciuse arredor das 14:00 horas, cando un vehículo sufriu unha saída de vía que acabou co coche empotrado contra o valado de protección.
No interior viaxaba unha muller, que resultou ferida e tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital con pronóstico reservado. Ao lugar do accidente acudiron efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os servizos sanitarios de urxencia.
A situación quedou normalizada pouco despois grazas á rápida intervención dos equipos de emerxencia e á retirada do vehículo accidentado.