Gondomar

O muro da grada das Gaiandas cede e golpea a un xogador durante o partido de cadetes entre o Gondomar e o Val Miñor

Os feitos ocorreron arredor das 21:00 horas durante un partido de cadetes entre o Gondomar e o Val Miñor, cando un dos xogadores foi celebrar un gol cos compañeiros da grada. Nese momento, o muro de protección que separa o campo da grada, de baixa altura, cedeu e provocou que os cascallos golpeasen ao futbolista.

Ata o lugar desprazáronse de inmediato o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, membros da Policía Local, efectivos dos bombeiros e unha ambulancia. O xogador, que permaneceu consciente en todo momento, foi trasladado ao hospital de Vigo para sometelo a probas médicas e avaliar o seu estado de saúde, xa que se sospeita que podería presentar algunha fractura.

O muro non soportou a presión no momento da celebración, provocando un incidente que rematou con cinco feridos, entre eles o xogador que celebraba o gol e catro persoas máis da grada. O futbolista, que permaneceu consciente durante todo o ocorrido, e os outros feridos foron atendidos de inmediato.

Finalmente todo acabou nun gran susto que poido rematar de forma moito máis tráxica.