Un home de uns 50 anos, natural de Ourense, sofre un afundimento na Punta da Foz en Baiona.
Un home de arredor de 50 anos, natural de Ourense, faleceu este domingo tras sufrir un afundimento mentres se atopaba na zona da Punta da Foz, ao final do cámping Baiona Praia. O suceso ocorrido sobre as 15:00 h causou grande preocupación entre as persoas que se atopaban no areal, que presenciaron a intervención dos servizos de emerxencia.
Segundo relataron testemuñas presentes no lugar, os amigos do home deixaron de velo de súpeto mentres nadaba. Estiveron un tempo na sua procura pero eran incapaces de dar con él. Pouco despois, alertaron a Policía Local de Baiona que enviou unha patrulla a zona e se movilizou o helicóptero Pesca 1, quen foi o que localizou o corpo aboiando, momento no que comezaron os labores de auxilio.
O helicóptero guardacostas Pesca 1 con base en Vigo, trasladou ao home ao hospital Álvaro Cunqueiro, nun estado grave, aínda que con prognóstico reservado. Por agora, descoñécense as causas exactas do afundimento, aínda que algunhas fontes apuntan a unha posible indisposición repentina. A vítima sabía nadar, segundo confirmaron achegados.
A situación xerou momentos de tensión e inquedanza entre os bañistas presentes, que seguiron con atención as tarefas de rescate. As autoridades investigan o ocorrido.
