Vigo

Santa Eulalia de Atios gaña o VIII concurso de rondallas no Ifevi con récord de público

O VIII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, celebrado este sábado no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), rexistrou un récord de asistencia: preto de 7.000 persoas encheron as butacas dispoñibles no pavillón 1, entre as que se atopaban centos de visitantes procedentes de fóra de Galicia.

Participaron 17 agrupacións de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán, Tui, Redondela e Baiona, cunha media de 100 compoñentes por formación, mobilizando case 1.500 persoas en total.

Clasificación completa:

1.º Santa Eulalia de Atios (O Porriño)

2.º Pontellas

3.º Santa Eulalia de Mos

4.º Torroso (Mos)

5.º Herville (Mos)

Premios Abanderados:

1.º Valladares

2.º Santiago de Parada (Nigrán)

o terceiro posto foi para Pontellas, e o cuarto para Santa Eulalia de Atios (O Porriño). A Merced de Chaín (Gondomar) quedou en quinto lugar

O evento, organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, consolidouse como unha gran mostra da música tradicional galega, celebrando tamén o recente impulso da película ‘Rondallas’, que contribuíu a proxectar este patrimonio cultural fóra de Galicia.