Paco Ferreira será o pregoneiro da III Xuntanza Moteira do Porco Espetado en Rande
O alcalde de Gondomar e deputado provincial, Paco Ferreira, será o pregoneiro da III Xuntanza Moteira do Porco Espetado, que se celebrará o domingo 28 de setembro en Rande (Redondela).
O evento reunirá a centos de afeccionados ás dúas rodas, con ruta moteira, xantar popular e sorteos. O pregón de Ferreira está programado para as 14:00 horas, momento no que o rexedor intervirá tamén como moteiro.
Ferreira expresou a súa satisfacción polo nomeamento: «É un honor, como alcalde moteiro, ser o pregoneiro da III Concentración Motera de Redondela e pertencer a esta gran familia, porque ser moteiro non é só unha afición, senón unha forma de vida».
