Gondomar

Paco Ferreira defende na COPE o plan urbanístico como a chave para transformar Gondomar

E E De cara a 2026, o alcalde situou como prioridades o remate da fase 1 do polígono industrial de A Pasaxe, un proxecto no que o Concello leva traballando case un ano, e o inicio da fase 2 mediante un convenio coa Zona Franca por máis de 33 millóns de euros, co obxectivo de impulsar a actividade económica e a creación de emprego.

2 % Con todo, Ferreira puxo o acento no Plan Xeral de Ordenación Municipal, xa redactado e listo para ser presentado á veciñanza, cun calendario que prevé a súa aprobación en 2027. Este plan permitirá ordenar un territorio amplo e moi diseminado, dando continuidade a mais dunha década de investimentos en estradas, saneamentos, espazos públicos e servizos básicos. A este proceso sumarase a substitución das luminarias por tecnoloxía LED, coa intención de culminar en 2026 unha transformación integral do municipio.