Os xogadores de Gondomar brillan no XX Torneo Cinania de tenis de mesa
O tenis de mesa gondomareño foi protagonista no XX Torneo Cinania – Memorial Amador, celebrado esta fin de semana no pavillón de Romarigo (Cangas).
O deportista do Club Gondomar, Héctor Costas, acadou o subcampionato tras disputar unha vibrante final contra o local Javier Núñez, que se fixo co título. A boa actuación gondomareña completouse con Julio Silva, que ocupou a terceira praza do podio, e con Marcos Fernández (Club Exodus, natural de Gondomar), que quedou cuarto clasificado.
A cita reuniu a 32 participantes procedentes de distintos puntos de Galicia —entre eles varios representantes do Club Gondomar— e mesmo doutros lugares do norte de España como Mieres (Asturias).
