BaionaGondomarNigran

Os políticos do Val Miñor apoian a Rueda e Feijóo no inicio político tradicional en Cerdedo Cotobáde

Na emblemática carballeira de San Xusto, no Concello de Cerdedo-Cotobade, celebrouse onte o tradicional acto de inicio do curso político do PP galego, que contou cunha ampla representación da comarca do Val Miñor.

Entre os asistentes estiveron:

  • María José Pino, portavoz do PP en Nigrán.
  • Paula Bouzós, portavoz do PP en Gondomar.
  • O tenente de alcalde de Baiona, José Ángel Bahamonde.
  • Ademais de varios concelleiros das tres corporacións, que quixeron mostrar o seu apoio.

No encontro participaron tamén os principais líderes do Partido Popular, entre eles o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o líder nacional, Alberto Núñez Feijóo, xunto a Mariano Rajoy e os presidentes autonómicos de Castela e León e a Comunidade Valenciana, entre outros cargos destacados.

A presenza dos representantes do Val Miñor puxo de manifesto o respaldo da comarca á dirección autonómica e estatal do PP neste arranque do curso político, convertido xa nunha cita de referencia no calendario do partido.