𝐎𝐈𝐀 𝐑𝐄𝐂𝐈𝐁𝐄 𝟖𝟎.𝟎𝟎𝟎 𝐄𝐔𝐑𝐎𝐒 𝐃𝐀 𝐃𝐄𝐏𝐔𝐓𝐀𝐂𝐈Ó𝐍 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐑𝐄𝐅𝐎𝐑𝐌𝐀𝐑 𝐎 𝐌𝐄𝐑𝐂𝐀𝐃𝐎 𝐃𝐄 𝐀𝐁𝐀𝐒𝐓𝐎𝐒.
O presidente da Deputación Pontevedra, Luis López, anunciou este venres a mobilización de 1,2 millóns de euros para infraestruturas deportivas, investimentos nos concellos e melloras no medio natural.
No marco do Plan Máis Provincia, o concello de Oia beneficiase cunha achega de 80.000 euros dentro da súa liña 1, destinados á reforma do entorno urbano do mercado de abastos. Este proxecto permitirá mellorar a accesibilidade e acondicionar este espazo fundamental para a actividade comercial e social do municipio.
Esta actuación forma parte do compromiso da Deputación por impulsar o desenvolvemento dos concellos mediante investimentos que melloren a calidade de vida dos seus habitantes.