Oia

Oia destaca como referente do patrimonio costeiro galego coa inclusión de 17 bens no catálogo do litoral

O municipio de Oia consolídase como un dos grandes referentes patrimoniais do litoral galego tras a incorporación de 17 bens culturais ao Catálogo Galego de Bens de Valor Cultural do Litoral.

O listado completo inclúe:

  • Salinas de Auga Quente
  • Salinas de Aguncheiro (83_002)
  • Salinas de Porto Mougás (83_003)
  • Salinas das Lagoas (83_004)
  • Fiales (83_005)
  • Pesqueira da Camboiña (83_006)
  • Antigo Peirao da Comboa (83_007)
  • Mosteiro de Santa María de Oia (83_008)
  • Cruceiro do Mosteiro (83_009)
  • Fonte de San Cosme (83_010)
  • Vella Casa do Concello (83_011)
  • Cruceiro da Riña (83_012)
  • Casa da Rúa Vicente López 20 (83_013)
  • Casa da Rúa Vicente López 22 (83_014)
  • Cruz do Arrabal (83_015)
  • Muíño de Abelardo (83_016)
  • Fonte do Río do Val (83_017)

Estes bens comprenden elementos históricos, etnográficos, relixiosos e industriais, que configuran un conxunto de gran valor cultural e testemuñan a identidade mariñeira e histórica do municipio. A súa inclusión no catálogo contribúe á protección e conservación do patrimonio litoral de Oia.