Nigran

O Val Miñor uniráse este mércores no festival ‘VibraNigrán’ para facer ruído pola vida de Mauri

Este mércores 23 de xullo, o auditorio ao aire libre da Foz do Miñor, en Nigrán, converterase nun escenario de música e solidariedade co festival VibraNigrán, unha cita que reunirá ao Val Miñor para facer ruído pola vida de Mauri.

O festival arrancará ás 20:00 horas e contará coas actuacións solidarias de 42 Grados Norte, Los del Barro, Pacheco Bros e Blue Monk, que se suman á causa de forma totalmente altruísta.

Unha enfermidade ultrarara

Mauri foi diagnosticado o 22 de xaneiro coa doenza de Alexander, unha enfermidade neurodexenerativa ultrarara que afecta ao cerebro. Non ten cura nin tratamento, só medicación para os síntomas. En España existe unha liña de investigación esperanzadora que podería frear o avance da enfermidade, pero precisa 1 millón de euros para levarse a cabo.

O obxectivo do festival é dar visibilidade a esta realidade e contribuír á recadación dos fondos necesarios.

Música, boa vibra e colaboración

O Concello de Nigrán apoia toda a loxística do evento, que contará tamén con postos de comida e bebida grazas á colaboración de Lalo’s, Chac Mool e Cervezas Banda. O deseño do festival é obra de Olalla Fernández de ÑÓ! Espazo Creativo.

Tamén haberá unha FILA CERO para quen queira colaborar e non poida asistir:

📌 ES26 2100 4790 4502 0046 2462

📎 Concepto: FILA CERO vibranigran