Baiona

O PSOE de Baiona convoca á veciñanza de Sabarís para debater sobre as necesidades da parroquia

O PSOE de Baiona convocou un encontro coa veciñanza de Sabarís que se celebrará este sábado ás 18:00 h no Multiusos de Sabarís.

Durante a reunión trataranse temas como a situación económica do Concello, as necesidades da parroquia e o papel das asociacións e clubs de Santa Cristina.

Ademais, abrirase un espazo para que as persoas asistentes poidan expor as súas dúbidas e suxestións.