Nigran

O policía local de Nigrán, Teodoro de la Peña, recibe a medalla ao mérito deportivo da Federación Madrileña de Loita

O alcalde de Nigrán, Juan González, trasladou en nome do Concello as felicitacións a Teodoro de la Peña Costas, actual xefe da Policía Local desde o pasado mes de marzo, pola concesión da medalla ao mérito deportivo outorgada pola Federación Madrileña de Lucha.

O recoñecemento foi entregado oficialmente o pasado 22 de marzo nunha gala celebrada en Madrid, en homenaxe á súa traxectoria de máis de 20 anos como profesor de defensa persoal policial.

O Concello de Nigrán puxo en valor esta distinción como mostra do compromiso profesional e a formación continua de quen lidera na actualidade o corpo local de policía.