Nigran

O partido popular de Nigrán reclama unha revisión global e correcta sinalización das fontes municipais

O Partido Popular de Nigrán solicita ao goberno municipal a realización dunha revisión global de todas as fontes municipais e a correcta sinalización das mesmas. Estas fontes son usadas por numerosos veciños para consumo e labores diversas, polo que o mantemento e a supervisión periódica da súa salubridade é fundamental.

Segundo denuncia a portavoz municipal, María José Pino, existen deficiencias evidentes en moitas fontes: ausencia de sinalización de revisión, datas incorrectamente indicadas, carencia de código QR e falta de especificación sobre a potabilidade da auga. Pino lembra que a revisión técnica é realizada por unha empresa privada sen contrato legal, o que cualifica de servizo irregular.

A pesar de non existir contrato formal, a empresa ten obrigas que non se están a cumprir, como: revisión técnica e sanitaria, analíticas de control, mantemento preventivo e correctivo, e informes á autoridade sanitaria e ao concello.

O Partido Popular levará ao pleno municipal de outubro unha moción para establecer:

  1. Actualización do inventario de todas as fontes, indicando o seu estado, potabilidade e data do último análisis.
  2. Muestreo do auga en cada fonte e, posteriormente, establecer unha periodicidade de revisión cada 6 meses.
  3. Inicio inmediato do procedemento para establecer unha concesión legal do servizo de mantemento e revisión das fontes municipais.

Segundo Pino, estas medidas buscan garantir a seguridade e calidade da auga das fontes municipais e resolver unha situación que consideran “habitual” baixo a actual administración.