BaionaGondomarNigranOia

O paro baixa en Baiona, Nigrán, Gondomar e Oia e sitúase na cifra máis baixa desde 1996

Os datos do desemprego correspondentes a agosto de 2025, publicados este mes de setembro, confirman a boa evolución do mercado laboral no Val Miñor e Oia, cun descenso xeneralizado respecto ás cifras de hai un ano e alcanzando niveis históricos.

En concreto:

• Baiona pechou agosto con 472 persoas desempregadas, fronte ás 510 de agosto de 2024, o que supón 38 parados menos (-7,45%).

• Nigrán rexistra 671 desempregados, 89 menos que hai un ano (760), unha caída do -11,7%.

• Gondomar descendeu de 673 a 619 desempregados, o que significa 54 persoas menos e unha baixada do -8,0%.

• En Oia, o paro sitúase en 102 demandantes de emprego, 15 menos que os 117 rexistrados o pasado ano, o que supón un descenso do -12,8%.

En termos anuais, os catro municipios presentan descensos significativos, situándose na terceira cifra máis baixa de paro desde 1996.

En comparación co mes anterior, xullo de 2025, obsérvase unha lixeira subida en Nigrán (+3,9%) e Gondomar (+2,8%), mentres que Baiona practicamente se mantén estable (+0,2%) e Oia mellora (-3,8%).

A nivel autonómico, Galicia pechou agosto con 109.691 persoas sen emprego, a cifra máis baixa rexistrada para este mes en toda a serie histórica, o que reforza a tendencia positiva do mercado laboral galego.