Vigo

O orzamento municipal acada os 345,3 millóns de euros en 2026

Un grande orzamento que seguirá a senda imparable de melloras na cidade”, avanzou o rexedor ao explicar que o importe total para 2026 ascende aos 345.367.000 euros, un 5% superior e case 10 millóns de euros máis respecto ao ano 2024. Vigo mantén a débeda cero, a presión fiscal máis baixa de Galicia e das cidades de España con similar rango poboacional e respecta as regras fiscais e o teito de gasto.

Abel Caballero destacou o investimento deste orzamento que, sumado á ampliación aprobada no mes de setembro, chega aos 116 millóns de euros e destacou algunha das obras “notables” que se executarán con cargo a este exercicio: o Estadio Municipal de Balaídos (19.428.462€), a humanización Avenida de Madrid (7.650.000€), a actuación na contorna da Gran Vía coas ramplas entre Praza de España e Praza de América (2.242.880€ na 1ª fase), a piscina de Teis (5 millóns de euros) e a continuidade do programa Vigo Vertical en Pintor Lugrís, Juan Ramón Jiménez con Torrecedeira, Pintor Colmeiro e o Paseo de Granada.

A humanización das Travesas e a súa contorna con carril bici supoñerá un investimento de 1 millón de euros, a humanización da rúa Lepanto, en fase de conclusión, 300.000 euros; o Plan de Sostibilidade turística de Bouzas, o soterramento final da Porta Sol, a humanización de Serafín Avendaño -que arranca xa-, o edificio de Esturáns para alugueiro social que ten un importe de 1.859.814 euros, o plan de Alcabre verde (982.232€), a adquisición vehículos ou o plan de beirarrúas nos barrios son outros investimentos.

Con cargo ao novo orzamento, o Goberno municipal mellorará, parques infantís e biosaudables, parques caninos, incorporará o Vigo Social TV, unha parte do servizo de teleasistencia, mellorará o Centro Atención a Mulleres vítimas de violencia de xénero, executará melloras nos patios de colexios, no cemiterio de Beade, no mobiliario urbano, nas instalacións deportivas en parques, recuperará zonas verdes e parques públicos.

No ámbito museístico, o presuposto de 2026 recolle a rehabilitación do Museo Liste por 128.000 euros, a mellora do Pazo Castrelos con investimento de 480.915 euros e melloras na Casa das Artes e na Casa da Xuventude. Amais actuarase na Ludoteca Riviera Atienza, no anterior local da Policía Autonómica que se converterá nun espazo de encontro para toda a zona de Martínez Garrido.

Contémplanse tamén melloras no Auditorio de Castrelos e actuacións nos espazos deportivos: a substitución de terreo xogo do CF Samil (370.000 euso), a redacción do proxecto e primeira anualidade das pistas de Atletismo de Balaídos (100.000 euros), a iluminación da ETEA, a cuberta polideportiva de Zamáns, o peche perimetral das pistas de tenis de Samil, a adquisición de vehículos eléctricos (1.182.800€), a mellora do Centro Cultural de Bembrive e cubrición da pista (150.000€), melloras nos centros culturais municipais (225.000€), a rehabilitación do edificio do Concello e o acondicionamento da biblioteca de Teis.

Así mesmo, o alcalde deu conta dos investimentos por áreas:

– Fomento: 13.927.105€

– Xestión patrimonio: 13.402.309€

– Urbanismo: 2.054.814€

– Parques e xardíns: 1.523.500€

– Instalacións deportivas: 6,6 millóns de euros

– Transporte viaxeiros: 1.609.940€

– Museos: 559.330

Remanentes

Amais deste investimento, o Concello executará outras obras con cargo aos remanentes:

Na área de deportes: 14.942.000 euros para, entre outros proxectos, mellorar 9 campos de fútbol (A Bouza, Monte da Mina, San Andrés de Comesaña, A Guía, Santa Mariña, Carballal, Candeán, Meixoeiro, Relfas Sárdoma) e outras obras en instalacións deportivas por valor de case 4 millóns de euros (Complexo deportivo da Madroa, cuberta dos pavillóns de Teis, As Travesas e Coruxo, a cuberta do pavillón do frontón cuberto, a herba do campo de fútbol Monte da Mina, o pavimento dos pavillóns de Bembrive e Lavadores (120.000 cada un).

Na área de Fomento inclúense obras como o reforzo da estrutura de Praza do Rei (2,6 millóns de euros), a humanización das rúas Mondariz, Soutomaior e Tomiño; o remate da humanización de Ronda de Don Bosco; a humanización de Rosalía de Castro, entre República Arxentina e Pontevedra (718.628 euros); a mellora das instalacións do túnel de Beiramar (2,9 millóns); o paseo da praia do Vao (1,4 millóns), a biblioteca de Teis (510.000 euros), o aparcamento de Matamá (1.175.000€), a humanización da rúa Progreso (1.200.000€), a estrutura e peonalización do acceso á ermida da Guía (645.000€), a humanización Doutor Carracido (780.740€) e en Finca Matías parque e ramplas o investimento acada os 2.300.000 euros.

O Goberno de Vigo dedicará 11,2 millóns de euros a vivenda, 5,6 millóns a parques, xardíns e praias: 5.680.500 euros e 3.466.000 na área de Educación para acometer obras en 7 colexios da cidade: Igrexa Valadares, CEIP Valle Inclán, Celso Emilio Ferreiro, Lope de Vega (1.095.000 euros) e a mellora do peche da parcela do CEIP Mestres Goldar. O investimento en Patrimonio histórico chega a 1,8 millóns, para o Mercado de Teis 1,5 millóns de euros e para Patrimonio e obras na casa Consistorial e no Auditorio Mar de Vigo 5.286.600 euros.