O Nigranés Pedro Dro arrinca a pretemporada co primeiro equipo do Barça
O futbolista Pedro Dro, nado en Nigrán e formado na Escola Val Miñor, foi convocado para iniciar a pretempada 2025–26 co primeiro equipo do FC Barcelona, dirixido por Hansi Flick.
Segundo recolle Mundo Deportivo, o xogador de 17 anos é unha das nove promesas da canteira azulgrana incluídas nos adestramentos, con opcións reais de viaxar á xira asiática do club, que comeza o 27 de xullo fronte ao Vissel Kobe.
O nigranés destaca pola súa versatilidade —pode actuar como mediapunta, extremo ou falso 9— e, segundo fontes próximas ao corpo técnico, “está chamado a sorprender pola súa figura co balón”.
A súa inclusión na dinámica do primeiro equipo sitúao como unha das aparicións máis prometedoras do fútbol base galego nesta tempada.
