O nigranense Pedro Villar convocado pola Selección Nacional Sub-18 para o Torneo Cuatro Naciones en Turquía
O futbolista galego, o nigranense Pedro Villar, xogador do FC Barcelona Juvenil A, foi convocado pola Selección Nacional Sub-18 para participar no Torneo Cuatro Naciones que se celebrará en Turquía do 9 ao 14 de outubro.
Na lista de convocados tamén aparece outro galego formado na E.D. Val Miñor, Pedro Dro, que terá a oportunidade de medirse a rivais internacionais e sumar experiencia nun torneo de alto nivel. Ambos xogadores amosan o talento que sae da comarca do Val Miñor e o bo traballo das súas escolas de fútbol.
A Selección Nacional Sub-18, dirixida por David García Cubillo, enfrontarase a Portugal, Turquía e Rumanía nun torneo que servirá para reforzar o seu desenvolvemento e preparar futuros retos no fútbol base internacional.
