Gondomar

O IES Auga da Laxe de Gondomar, galardoado co 3º Premio do programa Convivimos da Consellaría de Educación.

O IES Auga da Laxe de Gondomar foi recoñecido coa terceira posición no programa Convivimos, unha iniciativa da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades destinada a promover a inclusión e a convivencia nos centros educativos galegos.

O proxecto presentado polo instituto foi valorado pola súa ampla variedade de accións desenvolvidas ao longo do curso pasado en favor da igualdade, a diversidade, a inclusión e a mellora do clima escolar. Entre todas as actividades, destacou especialmente a organización dunha xornada de obradoiros de convivencia dirixida e realizada polo propio alumnado, unha experiencia que xa celebrou a súa segunda edición neste curso escolar.

A recollida do premio tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela e contou coa representación do centro a través das profesoras María e Cristina.

O centro agradece tamén a implicación do alumnado, profesorado e familias, sen cuxo esforzo conxunto non sería posible acadar este tipo de logros.