O Hotel Val Convention de Nigrán consolídase como referente turístico de calidade co selo SICTED
O Hotel Val Convention de Nigrán foi recoñecido esta semana co distintivo de calidade turística SICTED, un selo que premia a excelencia na atención ao visitante e o compromiso coa mellora continua dos servizos. O galardón foi entregado durante a Gala Provincial do Turismo organizada pola Deputación de Pontevedra no Pazo da Toxeiriña (Moraña), coincidindo co 20º aniversario da implantación do sistema SICTED na provincia.
Este recoñecemento sitúa ao Val Convention como un dos establecementos máis destacados do Val Miñor, tanto pola súa moderna infraestrutura como pola versatilidade que ofrece para acoller eventos, congresos, celebracións e estancias de lecer. O presidente da Deputación, Luis López, destacou o labor dos profesionais do sector turístico da comarca e puxo como exemplo ao Val Convention “polo seu compromiso coa calidade, a innovación e a excelencia”.
O selo SICTED, promovido por Turespaña e o Ministerio de Industria e Turismo, recoñece empresas e servizos turísticos que aplican boas prácticas, atención personalizada e un forte respecto polo territorio. O Hotel Val Convention únese así á listaxe de espazos do Val Miñor distinguidos, como o Talaso Atlántico, o restaurante Los Abetos ou as praias de Nigrán, reforzando a posición da comarca como destino de confianza, calidade e benestar.