Gondomar

O gondomarés Joel Ribeiro representará a España no Mundial de Pekín e no Europeo de Trieste

  • GONDOMAR // O patinador Joel Ribeiro, do Club de Patinaxe Artístico Gondomar, foi convocado pola Federación Española para participar nas dúas grandes citas internacionais da tempada: o Campionato do Mundo, que se celebrará en Pekín do 17 ao 27 de outubro, e o Campionato de Europa, que terá lugar en Trieste (Italia) do 11 ao 14 de setembro.O deportista miñorán competirá na modalidade de “solo dance” júnior, onde se atopa entre os mellores do mundo. Chega a estas citas tras proclamarse campión de España na súa categoría en Fuenlabrada, e coa confianza de ser un firme candidato ao podio europeo. O feito de que Trieste acolla tamén o Mundial da categoría outórgalle un coñecemento valioso da pista e do ambiente competitivo.

    Joel Ribeiro, que leva un 2024 brillante, conta co apoio do seu adestrador David Figueroa e do CPA Gondomar, un club que segue a consolidarse como referencia do patinaxe artístico en Galicia. A súa convocatoria supón tamén un novo recoñecemento para o deporte miñorán, que continúa a dar talentos a nivel internacional.